Durante a semana do 6 ao 13 de xullo de 2008 celebrarase nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo o IV Campus de Baloncesto organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 17 anos.
As instalacións da Universidade de Vigo ofrecerán múltiples ocasións de establecer contacto don outros deportes como o béisbol, natación, rugbi, tenis, voleibol, etc.
Este evento ofrecerá, ademais dunha completa formación deportiva, que correrá a cargo de adestradores de contrastada experiencia, un amplo abano de oportunidades de ocio, cultura e deportes alternativos.
Lembra este verán como un dos mellores na nosa compaña...

No hay comentarios:
Publicar un comentario