GRUPO 1
GRUPO 2
GRUPO 3
GRUPO 4
ADESTRADORES E MONITORES
O pasado domingo 13 de xullo do 2008 tivo lugar nas instalacións da Universidade de Vigo a clausura do 4º Campus de Baloncesto organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia por cuarto ano consecutivo.
Na clausura do campus estiveron presentes José Jesús Outeiral, Presidente do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Mar Lago, Vicepresidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Julio Rodríguez, Tesoureiro do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Ángeles Méndez e Adrián Sabido, vocais do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Sergio González, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e Director Xeral do Campus; e Rodolfo Lago, Director de Tempo Libre do Campus.
Coa entrega de diplomas que certificaba a participación de cada xogador e xogadora pechábase e clausurábase a Cuarta Edición do Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia que un ano máis volveu a ser todo un éxito tanto a nivel deportivo como a nivel social e de convivencia.
Hoxe, sábado 12 de xullo do 2008, os inscritos no 4º Campus de Baloncesto organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia entre o 6 e o 13 de xullo nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo, puideron disfrutar de dúas grandes visitas. Miguel Méndez, pola mañá, e Tamara Abalde, pola tarde, levantaron grande interese nos nosos participantes e fixeron as ledicias de todos eles.
Miguel Méndez, adestrador do R.C. Celta de Vigo de Liga Feminina e Seleccionador Español cunha gran experiencia, visitou o noso campus pola mañá e o seu adestramento centrouse nas recepcións e saídas con balón.
Tamara Abalde, xogadora da Selección Española Absoluta, pasou a tarde no noso campus e nos contou as súas experiencias no mundo da canastra. Tamara, xogadora que esta última tempada militou nas filas do equipo de baloncesto da Universidade de Lamar en Estados Unidos e que fichou para as dúas próxima tempadas polo Ros Casares de Valencia, xogará os próximos Xogos Olímpicos de Pekín coa Selección Española Absoluta despois de haber conseguido varios Campionatos de Europa coas Seleccións Inferiores.
Os rapaces e rapazas do campus aproveitaron a ocasión para pedirlle autógrafos e dedicatorias a Tamara, unha peza clave no futuro do baloncesto feminino español e unha das promesas da "xeración do 89" cunha gran proxección.
Pola tarde tódolos nosos grupos disfrutaron dos esperados xogos de auga. Un sinfín de xogos con auga fixo que tódolos participantes pasaran un momento divertido e moi mollado.
Unha nova xornada que remata para dar paso a xornada de despedida do 4º Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Mañá rematará e se pechará ata o próximo ano a lista de "paraguallos" e, polo tanto, teremos que esperar todo un ano para volver a vivir os 400 metros en calzoncillos, para aprender a comer sen empregar as mans, para poder disfrutar da compaña da nena reloxo e moitas outras cousas que de seguro que os nosos inscritos non esquecerán tan doadamente.
Mañá, domingo 13 de xullo do 2008, a partir das 17:00 horas, invitamos a tódolos familiares e amigos dos rapaces e rapazas do campus, a asistir ao Pavillón Polideportivo da Universidade de Vigo para poder observar e disfrutar coas exhibicións que cada grupo preparou para a clausura. Ata mañá!
Os rapaces e rapazas do 4º Campus de Baloncesto
organizado polo Club Baloncesto
Seis do Nadal - Coia entre o 6 e o 13 de xullo
nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo, puideron
aproveitar nesta xornada dunha magnífica e desexada excursión ao Museo
do Home
de A Coruña e ao Parque Acuático de Cerceda.
Ao comezo da xornada o Campus de Baloncesto se dirixiu ao Museo de Home DOMUS de A Coruña, onde tódolos participantes puideron experimentar coa ciencia en primeira persoa e disfrutar da química, da física, da bioloxía, da xenética e de moitas outras actividades. Unha das actividades que creou maior espectación foi a competición por equipos na que os nosos inscritos debían controlar as súas ondas cerebrais.
Xa pola tarde puidimos disfrutar dunha gran experiencia no Aquapark de Cerceda. Piscinas, jacuzzis, tobogáns, rollercoasters, kamikaces e moita, moita auga fixeron que xogadores, xogadoras, monitores e monitoras pasaran unha das mellores tardes do campus. Unha vivenza que recordarán como un dos mellores momentos do 4º Campus de Baloncesto do Seis do Nadal - Coia.
Na xornada de mañá, volvendo aos adestramentos e a normalidade, visitaron o noso Campus Miguel Méndez, adestrador do R.C. Celta de Liga Feminina e Seleccionador Español, e Támara Abalde, internacional absoluta. Desta xeito, tamén se comezarán a vivir as últimas actividades do campus, as últimas "listas fantasmas", as probas dos "paraguallos" e moitas outras sorpresas que aínda quedan no noso tinteiro.
- RÉGIMEN EXTERNO: 280 €
Hermanos: 250 € (a partir do 2º)
(C.B. Seis do Nadal -30 € descuento)
- RÉGIMEN INTERNO: 475 €
Hermanos: 450 € (a partir do 2º)
(C.B. Seis do Nadal -50 € descuento)Teléfonos: 627 516980
Fax: 986 227275
baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com