Os rapaces e rapazas do 4º Campus de Baloncesto
organizado polo Club Baloncesto
Seis do Nadal - Coia entre o 6 e o 13 de xullo
nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo, puideron
aproveitar nesta xornada dunha magnífica e desexada excursión ao Museo
do Home
de A Coruña e ao Parque Acuático de Cerceda.
Ao comezo da xornada o Campus de Baloncesto se dirixiu ao Museo de Home DOMUS de A Coruña, onde tódolos participantes puideron experimentar coa ciencia en primeira persoa e disfrutar da química, da física, da bioloxía, da xenética e de moitas outras actividades. Unha das actividades que creou maior espectación foi a competición por equipos na que os nosos inscritos debían controlar as súas ondas cerebrais.
Xa pola tarde puidimos disfrutar dunha gran experiencia no Aquapark de Cerceda. Piscinas, jacuzzis, tobogáns, rollercoasters, kamikaces e moita, moita auga fixeron que xogadores, xogadoras, monitores e monitoras pasaran unha das mellores tardes do campus. Unha vivenza que recordarán como un dos mellores momentos do 4º Campus de Baloncesto do Seis do Nadal - Coia.
Na xornada de mañá, volvendo aos adestramentos e a normalidade, visitaron o noso Campus Miguel Méndez, adestrador do R.C. Celta de Liga Feminina e Seleccionador Español, e Támara Abalde, internacional absoluta. Desta xeito, tamén se comezarán a vivir as últimas actividades do campus, as últimas "listas fantasmas", as probas dos "paraguallos" e moitas outras sorpresas que aínda quedan no noso tinteiro.

























No hay comentarios:
Publicar un comentario