Fernando Vidal estará un ano máis no IV Campus de Baloncesto Seis do Nadal que se celebra entre os días 6 e 13 de xullo do 2008 na Cidade Universitaria de Vigo.
Formado e salido da canteira do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, conxunto no que militou ata os 14 anos, Vidal converteuse pronto nun dos máis sólidos valores da canteira viguesa, chamando a atención do Barcelona, equipo no que recalou tras un ano de estancia no Siglo XXI. A súa progresión levoulle a vestir a camiseta da selección española, logrando incluso a medalla de bronce no Campionato de Europa cadete disputado en Riga no ano 2001.
Acaba de chegar a Vigo despois de rematar a tempada e aínda saboreando o ascenso á Adecco LEB Bronce conseguido a pasada fin de semana co C.B. Valls, equipo no que milita actualmente, Fernando Vidal aceptou a invitación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para participar no Campus de Baloncesto que xa cumpre a súa cuarta edición.



No hay comentarios:
Publicar un comentario