A empresa de autobuses Vitrasa volverá a colaborar este ano co IV Campus de Baloncesto organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia entre os días 6 e 13 de xullo do 2008 na Cidade Universitaria de Vigo.
Os participantes inscritos en réxime externo terán a posibilidade de utilizar a opción de autobús para os desprazamentos ata as instalacións do campus e para o viaxe de volta despois de cada xornada. O gasto desta oferta de autobús do Campus do Seis do Nadal - Coia xa vai incluída nas cuotas xerais da matrícula de réxime externo.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere agradecer o apoio e a colaboración que a empresa Vitrasa nos concedeu desde a nosa primeira edición do campus, e que a día de hoxe segue mantendo nesta cuarta edición.



No hay comentarios:
Publicar un comentario