O Halcones de Vigo Béisbol Club participará un ano máis no Campus de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Durante a semana do 6 ao 13 de xullo os inscritos no campus poderán achegarse ao béisbol e ademáis terán a oportunidade de practicalo e xogalo aprendendo os fundamentos principais do deporte.
Este club formado no ano 2005 e que en pouco tempo estase a converter nun club de beisbol de élite dos máis importantes, conseguiron o ano pasado o ascenso á Liga Nacional de Beisbol, antesala da División de Honra (1ª división). No 2006 tamén crearon a Escola de Béisbol Infantil que deu paso ás categorías inferiores do club que aínda hoxe se manteñen.
Este é o terceiro ano que colaboran co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia no Campus de Verán, con xogadores e adestradores do club e do seu primeiro equipo. É toda unha honra poder contar co Halcones de Vigo Béisbol Club na oferta de actividades deportivas que ofrece o noso campus.







No hay comentarios:
Publicar un comentario