domingo, 25 de mayo de 2008

UNHA NOVA MODALIDADE DEPORTIVA CHEGA AO NOSO CAMPUS: O KIN-BALL

 

 

Neste IV Campus de Baloncesto do Seis do Nadal - Coia os participantes poderán disfrutar dunha novidade desta edición, o Kin-Ball, unha nova e espectacular modalidade deportiva que aúna competición, compañerismo e moita diversión.

 

Se á espectacularidade que dan tres equipos competindo ao mesmo tempo, sumámoslle a orixinalidade de xogar cun balón xigante de 1,22 metros de diámetro e a isto e añadímoslle grandes dosis de diversión, o resultado é o Kin-Ball, un deporte moi chamativo que acaba de aterrizar en España. E que este deporte, que consiste basicamente nunha serie de saques e recepcións nas que o equipo atacante trata de conseguir que o balón toque o chan, mentres que o equipo defensor trata de impedilo, foi e é considerado como un dos máis educativos do mundo.

 

Entre outras cualidades, o Kin-Ball promove a cooperación, o xogo limpo e facilita a integración dos menos hábiles. Tamén promove o compañerismo e a igualdade de xénero xa que unha das súas características é a competición de equipos mixtos.

 

Esta actividade será desenvolta por Adestradores de Nivel II, máxima titulación en España e Europa, por Directivos do Club Deportivo Galego de Kin-ball e por xogadores da Selección Española de Kin-Ball. Unha das caras coñecidas será Pablo Sánchez, adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, que posee tódalas características anteriores e que será un dos encargados de desenvolver a actividade.

 

Para o Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia é todo un pracer poder achegar aos nosos participantes o Kin-Ball, unha nova modalidad deportiva que de seguro lles fará pasar moitos bos momentos.

No hay comentarios: