Outra das novidades deste IV Campus Internacional de Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se celebrará entre os días 6 e 13 de xullo do 2008 na Cidade Universitaria de Vigo, será a actividade de balonmán que será dirixida polo Club Balonmán Seis do Nadal - Coia.
Nesta edición do noso campus contaremos co Club Balonmán Seis do Nadal - Coia para desenvolver a actividade de balonmán nas instalacións da Universidade de Vigo. Esta actividade será impartida por adestradores de balonmán con titulación nacional.
Para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é todo unha honra poder contar para o noso IV Campus de Baloncesto Seis do Nadal coa presenza dos nosos amigos do Club Balonmán.






No hay comentarios:
Publicar un comentario