miércoles, 25 de junio de 2008

YAGO CASAL VISITARÁ O NOSO IV CAMPUS DE BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

O Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia contará nesta nova edición coa visita de Yago Casal, adestrador superior de baloncesto e adestrador axudante do Gestibérica Vigo na tempada 2007/08.

 

Os nosos inscritos terán a oportunidade de ser adestrados e dirixidos por Yago Casal, adestrador cunha contrastada experiencia no mundo da canastra. Ademais de ser un gran adestrador, gran mostra disto e a súa traxectoria polo A.D.M. Peleteiro, Rosalía Peixe Galego, Gestibérica Vigo e moitos outros clubes, tamén domina as facetas de scouting, tarefas que levou a cabo no F.C. Barcelona, Virtus Bologna, Climano Bologna, Montespachi Siena e outros clubs italianos da Lega 1.

Por todo isto é para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia toda unha honra poder contar no noso campus de verán coa presencia de Yago Casal. Agradecemos novamente o apoio e a colaboración que este adestrador amosou en cada edición do noso campus.

No hay comentarios: