Ana Román, xogadora do Pío XII de Liga Feminina 2, visitará o 4º Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se celebrará a partir do día 6 e ata o 13 de xullo nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo.
Esta xogadora comezou a súa formación nas categoría inferiores do R.C. Celta, o seu primeiro ano como sénior o pasou en Porriño e a partir dese momento comezou a formar parte do plantel do Pío XII de Santiago. Esta nova tempada será a súa oitava tempada nas filas do equipo santiagués.
Na tempada 2007/08 o equipo de Ana Román quedou clasificado en primeiro lugar da liga regular e na fase de ascenso a Liga Feminina que se disputou en Santiago de Compostela perderon nas semifinais.
Foi convocada dúas veces coa Selección Galega Sénior Absoluta, e este ano disputou o I Torneo das Nacións, torneo no que conseguiron chegar ata a final pero non conseguiron a victoria, polo que son as presentes subcampioas.
Para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é toda unha honra poder contar no noso 4º Campus de Baloncesto coa visita de Ana Román, unha gran xogadora do baloncesto feminino e unha das máis valoradas da comunidade.



No hay comentarios:
Publicar un comentario