miércoles, 9 de julio de 2008

FINALIZA UNHA NOVA XORNADA DO 4º CAMPUS DE BALONCESTO SEIS DO NADAL

 

 

 

 

 

 

 

 

Finaliza a terciera xornada do 4º Campus de Baloncesto organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia entre o 6 e o 13 de xullo nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo.

Para comezar o día os grupos dos máis maiores baixaron ata a praia do Bao para levar a cabo a actividade de piragüismo, dirixida e impartida por monitores titulados e especializados. O día de verán que fixo durante todo o día regaloulle a estes grupos a oportunidade de disfrutar dunha calurosa mañá na praia con baños, chapuzóns, partidos na area da praia e sobretodo unha gran sesión de piragüismo.

 

As actividades deportivas que practicaron no día de hoxe os nosos rapaces e rapazas, ademais do baloncesto, foron o kin-ball e o béisbol. O kin-ball, dirixido por Pablo Sánchez, que ademais de adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é xogador da Selección Española de Kin-Ball e adestrador titulado deste deporte, seguiu sendo a actividade más chamativa e que maior interese espertou en tódolos inscritos. Ao grito de "Omnikin" tódolos grupos puideron vivir en primeira persona un partido deste novidoso deporte que chegou por primeira vez nesta edición ao Campus de Baloncesto do Seis do Nadal. A sesión de béisbol foi dirixida novamente polo Halcones de Vigo Béisbol Club, club que conseguiu que tódolos nenos e nenas tivesen os coñecementos necesarios sobre os fundamentos básicos do deporte para poder desenvolverse con facilidade.

 

Os adestradores invitados que visitaron as nosas pistas durante a xornada de hoxe foron Óscar Carbajo e Ana Román. Óscar Carbajo, adestrador do Porriño Baloncesto Base e Seleccionador Galego, volveu a visitar o noso Campus por segunda vez nesta edición, e nesta ocasión o traballo que realizou foi dirixido á mellora da defensa do xogador con balón e do xogador sen balón. Ana Román, xogadora do Pío XII de Liga Feminina 2, visitou aos nosos xogadores e xogadoras desta cuarta edición tras xa haber participado outros anos no noso campus. O seu traballo foi dirixido á coordinación espacio-temporal na pista dos rapaces e rapazas máis pequenos.

 

Hoxe, nas actividades de tempo libre, os talleres de manualidades consistiron na realización dunha alfombrilla para o ratón do ordenador, dunhas sales de baño para a relaxación e dunhas velas de decoración. Durante a comida e a merenda visitaron o noso campus uns camareiros e unhas camareiras cunha contrastada experiencia en "Listas Fantasmas". Este corpo de camareiros axudou en todo momento aos nosos inscritos e inscritas para facerlles máis cómodos e sinxelos os momentos da comida e da merenda.

 

Haberá que esperar ata mañá para seguir descubrindo tódalas sorpresas que o 4º Campus de Baloncesto do Seis do Nadal - Coia ten preparadas para tódolos seus inscritos. Ata mañá!

No hay comentarios: