Remata unha nova xornada do 4º Campus de Baloncesto organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia durante esta semana de verán nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo.
A xornada de hoxe comezaba coa actividade de piragüismo para os grupos dos máis pequenos, os cales baixaron ata a praia do Bao para desenvolver a actividade. Outras das actividades deportivas que os nosos inscritos puideorn practicar no día de hoxe foron o voely, o balonmán e o rugby. A sesión de voley foi impartida por seleccionadores galegos, o adestramento de balonmán foi desenvolto polo Club Balonmán Seis do Nadal sendo o primeiro ano que colaboran co noso Campus, e o Vigo Rugby Club foi o encargado de desenvolver a hora de rugby.
Hoxe o noso campus recibiu dúas visitas especiais. Pola mañá, estivo no noso campus Ángel Navarro, seleccinador ourensán e adestrador cunha gran experiencia, o cal traballou bote, cambios de man e cambios de ritmo cos xogadores e xogadoras. Xa pola tarde, os participantes do campus recibiron a Álvar Vázquez, xogador actual do C.B. Marín Peixefresco de Liga EBA, que dirixou o traballo á área de tiro e finalizacións.
Unha nova xornada do campus que remata. Xa van dous días nos que os nosos inscritos aproveitan ao máximo o tempo e as oportunidades que lle brinda o Campus a nivel deportivo e a nivel social. Piragüismo, béisbol, rugby, voley, balonmán e kin-ball son algunhas das actividades que os nosos rapaces e rapazas desenvolveron ata o de agora, e soamente pasaron dúas xornadas. Mañá vos espera unha nova xornada cargada de moita diversión e moito deporte.






















No hay comentarios:
Publicar un comentario