jueves, 10 de julio de 2008

UNHA XORNADA MÁIS QUE REMATA DO 4º CAMPUS DE BALONCESTO SEIS DO NADAL

 

 

 

 

 

 

Coa xornada de hoxe pasamos o ecuador do 4º Campus de Baloncesto organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia entre o 6 e o 13 de xullo nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo.

O dia comezou coa actividade de orientación desenvolta nos alrededores do Campus Universitario coa axuda dun mapa e dun compás. O obxectivo desta actividade era orientarse no menor tempo posible ata unha serie de balizas distribuídas pola zona, utilizando e manexando o material do sendeirista.

Nos adestramentos da mañá visitounos Yago Casal, adestrador axudante do Gestibérica Vigo e adestrdor cunha gran traxectoria e experiencia tanto en España como fora do país. Casal traballou as saídas, os cambios de man e direccióm, e explicou algúns dos aspectos básicos para conseguir unha boa saida de contraataque que de seguro os nosos xogadores e xogadores utilizaran na súa carreira deportiva.

 

Xa pola tarde, os adestradores e xogadores do Vigo Rugby Club ensinaron aos participantes máis pequenos do campus os fundamentos básicos para a práctica deste deporte.

 

Os nosos inscritos tamén fixeron nos obradoiros de tempo libre un mono aficcionado ao baloncesto para colgar da porta dos seus cuarto. A sorpresa do tempo libre de hoxe chegou despois da comida e durante a merenda cando tódolos rapaces e rapazas do campus puideron observar e disfrutar en vivo e en directo da gran actuación de Fran Chikilicuatre e o seu famoso "chiki-chiki".

No hay comentarios: