Xa rematou a primeira xornada do 4º Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se celebra ata o próximo domingo 13 de xullo nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo.
Hoxe os nosos inscritos no campus pudieron disfrutar dos primeiros adestramentos de baloncesto cos seus adestradores e cos seus compañeiros. Ademais de baloncesto, algúns dos grupos tiveron a oportunidade de practicar e achegarse ao kinn-ball, unha nova modalidade deportiva, e ao béisbol. A actividade de kin-ball foi desenvolta por Pablo Sánchez, un dos membros da Selección Española de Kin-Ball posuidor do título de adestrador de maior rango a nivel europeo. Pola súa banda, a sesión de béisbol foi impartida polo Halcones de Vigo Béisbol Club e os rapaces e rapazas puideron practicar e mellorar a técnica de golpeo e de recepeción ademais de simular un pequeno partido.
Como adestrador invitado, esta tarde visitou o noso campus Óscar Carbajo, adestrador do Porriño Baloncesto Base e Seleccionador Galego. Óscar realizou un adestramento cun dos nosos grupos e traballou as paradas, as salidas e os cortes. Durante esta sesión os rapaces puideron coñecer novas paradas e salidas, e perfeccionar as xa coñecidas pasando unha boa tarde en compañía dun adesetrador coa experiencia de Óscar Carbajo.
Unha xornada que remata para dar paso a segunda xornada de mañá que ven cargada de actividades e diversión. Baloncesto, piragüismo, balonmán, rugby e moitas outras actividades, ademais das visitas de Ángel Navarro e Álvar Vázquez farán da xornada do martes unha gran xornada. Antes da despedida recordar aos nosos inscritos que a "Lista fantasma" foi cuberta hoxe, por primeira vez, polos participantes máis valentes do campus que mañá recibirán a súa mensaxe. A tódolos demais anímamosvos a que elixades ben o día para inscribiros na lista. Ata mañá!!













No hay comentarios:
Publicar un comentario