martes, 8 de julio de 2008

ÁLVAR VÁZQUEZ VISITARÁ HOXE O CAMPUS DE BALONCESTO DO SEIS DO NADAL

 

Álvar Vázquez, xogador actual do C.B. Marín Peixefresco da Liga EBA,  visitará hoxe, martes 8 de xullo, o 4º Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se está celebrando nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo.

 

Álvar Vázquez comezou a súa formación en categoría inferiores no Colexio Maristas de Vigo para dar o salto de calidade en categoría júnior ao entrar a formar parte do Centro de Formación Siglo XXI. A partir deste momento, este xogador formou parte das fila do Fórum Valladolid en categoría júnior, do Club Ourense Baloncesto, Club Baloncesto Carballiño, Club Baloncesto Aridane e Club Baloncesto Chantada, todos eles de Liga EBA e as dúas últimas tempadas Álvar xogou en Marín no C.B. Marín Peixefresco tamén de Liga EBA.

 

Para a organización do 4º Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia é toda unha honra poder contar coa visita de Álvar Vázquez durante o día de hoxe.

No hay comentarios: