miércoles, 2 de julio de 2008

ANGEL NAVARRO VISITARÁ O 4º CAMPUS DE BALONCESTO DO SEIS DO NADAL - COIA

 

Ángel Navarro visitará o 4º Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se celebrará entre os días 6 e 13 de xullo nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo.

 

Este adestrador nacido en Valencia xa carga sobre os seus ombros unha extensa carrera chea de numerosos éxitos tanto como adestrador como xogador. Como xogador, Ángel Navarro formou parte do equipo xuvenil do F.C. Barcelona, xogou no Breogán de Lugo, no Caja Ronda e no C.B. Manresa entre outros.

 

Xa como adestrador, dirixou equipos como Caixa Ourense (1987-1991), Argal Huesca (1993-1994), Club Baloncesto Galicia (2000-2001), Club Ourense Baloncesto (2003-2004), Gestibérica Vigo na pasada campaña e a Selección Ourensá Infantil Feminina na presente campaña. Destacar tamén que Ángel Navarro conseguiu o ascenso a Liga ACB co Caixa Ourense na temporada 1988-99, e conseguiu a victoria en varios Play-Off pola permanencia con diferentes equipos, ademáis de participar en diversos All-Star ACB como adestrador axudante.

 

Para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é toda unha honra poder volver a contar coa visita de Ángel Navarro ao Campus de Baloncesto que organiza a entidade por cuarta edición consecutiva.

No hay comentarios: