jueves, 3 de julio de 2008

ÓSCAR CARBAJO VISITARÁ O 4º CAMPUS DE BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

 

Óscar Carbajo visitará o 4º Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se celebrará entre os días 6 e 13 de xullo nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo.

 

Este adestrador en posesión do Título de Adestrador Superior milita actualmente no Porriño Baloncesto Base como adestrador de equipos federados e de escolas deportivas. Este ano adestrou á Selección Viguesa Precadete Feminina coa que conseguiu o título de Campión Galego o pasado 29 de xuño en Santiago de Compostela, e ademais adestrará tamén á Selección Galega Alevín Masculina.

 

Antes de chegar ao Porriño Baloncesto Base, Óscar Carbajo desenvolveu labores de adestrador, desde a tempada 1998/99, e de Director Deportivo, desde a tempada 2004/05, no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Unha das mellores tempadas deste adestrador no Seis do Nadal foi sen dúbida a tempada 2005/06 na que conseguiu co equipo Infantil Masculino ser campión vigués, campión galego e finalista na fase interautonómica da conferencia norte do XXVII Campionato de España celebrado en Ferrol.

 

Este verán co 4º Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Óscar Carbajo visitará aos nosos grupos e desenvolverá sesións diversas cos mesmos. Para o noso club é toda unha alegría que este adestrador faga un alto nas súas vacacións para visitar a cuarta edición do noso Campus de Verán.

No hay comentarios: