sábado, 5 de julio de 2008

GRAN EXCURSIÓN AO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA NO 4º CAMPUS DO SEIS DO NADAL

Os participantes no 4º Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia poderán vivir unha experiencia inesquecible no Parque Acuático de Cerceda nunha gran excursión que o Club Baloncesto Seis do Nadal ten preparada para o Campus.

O venres 11 de xullo é o día marcado para a excursión ao Parque Acuático de Cerceda, parque cunhas inmellorables instalacións nas que os rapaces e rapazas poderán atopar gran variedade de xogos acuáticos, desde piscinas de chapoteo, de natación, infantís e de olas, unha cascada, un aquatubo, varios tobogáns, multipistas, kamikaze, rolles coaster, etc... e todo un oasis de zona verde.

 

Todo isto foi razón máis que suficiente para que o Campus do Seis do Nadal organizase unha excursión a este paraíso acuático onde tódolos inscritos poderán disfrutar de todo un día de convivencia e de xogo na auga.

No hay comentarios: