Támara Abalde, unha das promesas da "xeración do 89" do baloncesto feminino, visitará o 4º Campus de Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se celebrará entre os días 6 e 13 de xullo nas instalacións da Cidade Universitaria de Vigo.
Esta xogadora viguesa fichou para as dúas próximas tempadas polo Ciudad Ros Casares de Valencia, dominador incontestable da Liga Feminina de Baloncesto, despois da súa experiencia en América.
Támara Abalde naceu en Ferrol pero é viguesa de adopción. Aos seus 19 anos xa acumula varias tempadas co Celta Vigourban na máxima categoría, na que debutó con soamante 15 anos. Internacional en tódalas categorías inferiores da Selección Española, coas que conseguiu varias medallas, era un valor cunha explosión da que ninguén dubidaba, aínda que o seu salto na súa valoración profesional chegou a merced da súa experiencia na Liga Universitaria de Estados Unidos.
Estudio durante a pasada campaña na Universidade de Lamar e non tardou en convertirse na principal estrela do equipo feminino de baloncesto. Nesas terras deixou pegada incluso a nivel estadístico xa que igualou o récord histórico de anotación do equipo ao sumar 44 puntos nun partido contra Willey College, e promediou 16 puntos e 7 rebotes por encontro.
Satisfeita coa experiencia, Tamara estaba decidida a regresar a Europa. Soamente os equipos máis poderosos do continente, como os rusos, podían puxar por ela, pero foi o Ros Casares o equipo que se levou a xogadora permitíndolle continuar en España.
Abalde non é soamente o futuro do baloncesto feminino español, senon que ademais e unha raelidade, como o demostra que fose convocada xa pola Selección Absoluta e esté ás portas de disputar uns Xogos Olímpicos. Comparte precisamente vestiario nacional con dúas célticas, Alba Torrens, coa que chegou a coincidir no equipo vigues, e Laura Nicholls.
Para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é toda unha honra poder contar no noso 4º Campus de Baloncesto coa visita dunha xogadora do alcance de Támara Abalde, unha das promesas máis seguras do baloncesto feminino español.





No hay comentarios:
Publicar un comentario